LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-4

 

Baseado nunha abraiante historia real. Un tenaz avogado (Mark Ruffalo) descobre o escuro segredo que conecta un número crecente de mortes e enfermidades cunha das maiores corporacións do mundo. No proceso arrisca o seu futuro, o seu traballo e mesmo a súa propia familia para sacar a luz a verdade.


 

O comandante do tanque Kalashnikov resulta ferido nun brazo durante a Segunda Guerra Mundial. O accidente déixao incapacitado e sen poder volver á primeira liña. Sen apenas estudos e sendo un labrego con moita imaxinación para inventar cousas, comeza a crear os bosquexos dunha arma automática mentres se recupera no hospital, que pronto converterase nunha das armas máis lendarias do mundo. Mikhail Kalashnikov, tiña só 29 anos cando desenvolveu o rifle de asalto, o AK-47, o seu nome asociarase co que para moitos é o mellor rifle de asalto do mundo.


 

Junhee é unha novelista desencantada da súa propia escritura. Durante unha viaxe para reencontrarse cunha vella amiga que rexenta una librería, crúzase cun director de cinema que lle prometeu adaptar unha das súas novelas. Charlan dos vellos tempos e pasean por un parque, onde se atopan casualmente con Kilsoo, unha actriz famosa que tamén pasa por un momento de crise profesional. O azar destas coincidencias provoca en Junhee unha revelación: dirixirá ela mesma un filme protagonizado por Kilsoo. Non será coma os demais filmes. Será o filme da novelista.


 

Harry Potter é un neno que vivía co seu idesexábel tío Vernon e súa tía Petunia e o curmá malcriado e tragón Dudley. A inminente chegada do seu undécimo aniversario, non supón para Harry ningunha emoción, como de costume hai poucas posibilidades de recibir un agasallo. Porén, este ano é diferente, vaise enterar que é fillo de dous poderosos magos e que posúe poderes máxicos únicos. Convidado a asistir ó colexio Hogwarts de maxia e feiticería. Alí atopa o fogar e a familia que nunca tivera.


 

Nos Ánxeles de 1949, o gángster "Mickey" Cohen, nado en Brooklyn, é o implacable xefe da mafia, dirixe a cidade ao seu antollo e todo pasa por el: armas, drogas, prostitutas e calquera obxecto roubado. O seu clan protéxeo e venérao, considérao o seu líder. As súas influencias chegan mesmo ao departamento de policía e a algún que outro membro da política local. Pero un equipo especial da do departamento de policía dos Ánxeles, liderado polos sarxentos John O'Mara e Jerry Wooter, non se deixará influenciar nin intimidar por Cohen e intentarán a toda costa detelo e destruír o seu imperio.


 

A través do texto de Didier Eribon interpretado por Adèle Haenel (Retrato dunha muller en lapas), REGRESO A REIMS narra en arquivos unha historia íntima e política da clase obreira francesa desde principios da década de 1950 ata a actualidade.


 

Un profesor universitario vive unha vida descoidada despois de ser diagnosticado cunha enfermidade terminal.


 

A historia dunha muller con tres fillos que, incapaz de lidar co seu bebé recentemente nado, contrata a Tully, unha aia coa que rapidamente desenvolverá unha conexión especial.


 

Esta vez, as mestras do roubo son mulleres. Debbie  Ocean acaba de saír do cárcere e planea o roubo do século. Xunto á súa man dereita, Lou, ten a intención de executar un gran roubo na cidade de Nova York. O seu obxectivo será facerse co valioso colar que levará  Daphne Kluger durante a Met Gala, o importante evento benéfico anual que marca o inicio da tempada na industria, coñecido pola asistencia de multitude de estrelas e celebridades. 


 

Harry Potter volve por quinto ano a Hogwarts aínda sacudido pola traxedia ocurrida no Torneo dos Tres Magos. Debido a que o Ministro da Maxia nega o regreso de Lord Voldemort, Harry convértese no centro de atención da comunidade máxica. Mentres loita cos seus problemas no colexio, incluindo á nova mestra Dolores Umbridge, tentará deprender máis sobre a misteriosa Orde do Fénix.


 

Xiao é un enxeñeiro de son que traballa para o Arquivo Sonoro de Galicia percorre as vilas e lugares máis recónditos de Galicia na procura dos sons, das xentes e a natureza. Nesta viaxe coñecerá a Olalla, quen traballa na colleita de algas, e que espertará en Xiao a paixón pola vida, a terra e o salvaxe da Costa da Morte. Unha historia de amor e desamor na Costa da Morte que toma como título este termo da Astronomía que se refire ao momento no que os centros do Sol, da Terra e da Lúa coinciden en liña recta.


 

Cando Harry Potter e os seus amigos volven a Hogwarts para cursar o seu terceiro ano de estudos, vense involucrados nun misterio: da prisión para magos de Azkaban fuxiuse Sirius Black, un perigoso mago que foi cómplice de Lord Voldemort e que intentará vingarse de Harry Potter. O novo aprendiz de mago contribuíu en boa medida á condena de Sirius, polo que hai razóns para temer pola súa vida.


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16,


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática