LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-8

 

Despois de desafiar á morte na arriscada fuga da granxa de Tweedy, Ginger cumpriu o seu soño: unha apracíbel reserva insular para toda a cuadrilla, lonxe dos perigos do mundo humano. Cando ela e Rocky teñen unha niñita chamada Molly, o final feliz de Ginger parece definitivo. Pero no continente, o mundo gallináceo enfróntase a unha nova e terrible ameaza. Esta vez Ginger e os seus amigos, no canto de fuxirse… van perpetrar unha violación! Aínda que para iso deban poñer en perigo a súa liberdade, que tanto lles custou conseguir.


 

No universo unha pequena pero poderosa forza existiu durante séculos. Protectores da paz e a xustiza, levan o nome dos "Lanterna Verde", irmandade de guerreiros que xuraron manter a orde intergaláctica, onde cada un leva un anel que lle concede superpoderes. Mais un antigo inimigo chamado Parallax ameaza con esnaquizar o equilibrio co poder amarelo do medo. O seu destino e o destino da Terra descansa nas mans do seu novo recruta: Hal Jordan.


 

Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que gaña a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres no parto con especial dedicación e coidado. Tras un suceso inesperado, vese na obriga a fuxir e emprende unha perigosa viaxe que lle fará loitar pola súa supervivencia. En busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha dos roteiros de contrabandistas entre Galicia e Portugal. 


 

(Tráiler 2) Scott  Pilgrim é un mozo que coñece á muller dos seus soños,  Ramona V.  Flowers. Pero para conquistar o seu corazón, deberá primeiro loitar e vencer as súas sete malvadas  ex-parellas, misión farto complicada, pois teñen poderes especiais.


 

Unha moza é internada polo seu padrasto nunha institución psiquiátrica pra que lle fagan unha lobotomía. Mentres agarda, a súa imaxinación crea unha realidade alternativa que podería salvala da súa tráxica situación. A partir de aí, a moza comeza a argallar a súa fuxida, cuxo éxito depende do roubo de cinco obxectos.


 

Filme de animación baseada na franquía de videoxogos Super Mario Bros. de Nintendo. Está producida por Shigeru Miyamoto, creador da licenza, e produciraa e animará Illumination Entertainment


 

Un mozo está de vacacións nunha vila galega. Despois dunha gran festa atopa un brazo humano na súa neveira. Como non lembra nada do acontecido a véspera, vese na obriga de descubrir quen é o culpábel, sen denunciar o feito á policía.


 

Conta a historia de Birdboy e Dinki, dous amigos que loitan por non enfrontarse á realidade na que viven. Como exploradores que son, coidan que son quen de atopar un lugar mellor no que vivir, pois a illa onde viven xa non é o que era por mor dun accidente industrial, e o aire que se respira non che é nada bo.


 

Durante o cuarto ano, a Marca Escura aparece no ceo despois dun ataque feito por parte dos Devoradores da Morte na Copa do Mundo de Quidditch. Iniciado o curso en Hogwarts, Harry pasa as noites sufrindo pesadelos. Ademais, este ano a escola é a anfitrioa dun lendario evento: o Torneo Tres Meigos. O Torneo remata cun encontro entre Harry e un renacido Voldemort que consegue recuperar a súa forma corpórea.


 

Un preso fúgase do cárcere para tentar atopar un tesouro agochado vai anos nunha aldea do Camiño de Santiago, pero o que atopa suporalle unha condena maior da que fuxiu. Vellos misteriosos, estrañas desaparicións, trasnos, un cura estraño e o arcipreste de Santiago xúntanse no camiño. Un filme de misterio, humor, animación e invención.


 

Doug e Abi son dous pais normais que teñen tres fillos encantadores aínda que moi toliños. Cando o estrés de ser pais pon en perigo a súa estabilidade mental e o seu matrimonio, deciden realizar unha viaxe a Escocia cos seus fillos. Alí participarán nunha gran reunión familiar e reencontraranse con Gordie, o extravagante pai de Doug. Con todo, o que prometían ser unhas vacacións para a reconciliación axiña se converte nun campo de minas.


 

Valentina soña con ser trapecista e cre que por estar Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, leccións e cancións, asegura que, se as eirugas conseguen converterse en bolboretas, nada. é imposible. E que non hai que perder nunca as ilusións nin as ganas de aprender, as mesmas que ela pon, aínda á súa idade, no seu afán de ser directora de orquestra.


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática