LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-6

 

Fred tivo a idea de domiciliar a súa axencia de publicidade, situada no centro de París, en La Courneuve, nunha zona franca, para obter axudas e exencións de impostos. Pero cando os auditores descobren o engano, Fred non ten outra opción, para evi tar pagar os millóns aforrados, que mudarse a La Courneuve cos seus empregados, paralizados por esta chegada a territorio descoñecido.


 

En Carolina do Norte, dous aspirantes á Cámara de Representantes dos Estados Unidos enfróntanse en campaña electoral. Para o congresista Cam Brady (Will Ferrell) é a primeira vez na súa carreira que ten que facer fronte a outro candidato: Marty Huggins (Zach Galifianakis), monicreque das grandes empresas e xerente da oficina de turismo local.


 

Berlín, 1942. Bruno ten oito anos e descoñece o significado da Solución Final e do Holocausto.  Todo o que sabe é que o seu pai, a quen acaban de nomear comandante dun campo de concentración, ascendeu na escala e que pasou de vivir nunha confortábel casa en Berlín a unha zona illada. Todo cambia cando coñece a Shmuel, un neno xudeu que vive unha estraña existencia paralela ao outro lado do valado de arame.


 

Narra as peripecias dun funcionario dunha administración provincial, con 15 anos de servizo, que se adica á rutineira pero cómoda tarefa de expedir as licenzas de caza a pesca. Vive feliz na casa dos seus pais, mimado pola súa nai e cunha noiva coa que non ten intención de casar nin de ter fillos. Pero o seu mundo derrúbase cando o Estado decide eliminar as provincias. Antes que recibir unha indemnización e buscar outro traballo, o protagonista acepta varios traslados a rexións remotas de Italia.


 

Iassine, un estudante novo marroquí, chega a París para estudar arquitectura cun visado de estudante. Despois dun evento desafortunado, perde o seu exame, perde o seu visado e atópase en Francia nunha situación irregular. Para evitar ser deportado, a última opción que queda é casar co seu mellor amigo Fred. Mentres el pensa que todo está resolto, un inspector tenaz ponse de costas para asegurarse de que non sexa unha voda branca…


 

A excéntrica Eglantine Price (Angela Lansbury) é unha meiga afeccionada que ten que facerse cargo, moi ao seu pesar, de tres cativos londinienses que foron evacuados ao pequeno pobo costeiro onde ela vive. Xuntos loitarán contra o invasor alemán, empregando para iso un truco maxistral de Eglantine.


 

"Kon Tiki" conta a historia do explorador e antropólogo noruegués Thor Heyerdahl, que en 1947 cruzou o océano Pacífico nunha balsa de madeira e sen ningunha axuda técnica moderna para demostrar que os indíxenas de América do Sur anteriores á chegada de Cristóbal Colón tamén podían telo atravesado para instalarse na Polinesia. Thor, cun equipo de cinco homes percorreu en 101 días 8.000 quilómetros nunha travesía épica. 


 

Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.


 

Historia de tres amigos da infancia que ven como a súa amizade se deteriora a raíz das diferenzas de clase e dos conflitos amorosos que xorden nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas ou tardes no río, pero esta vez nada vai ser igual.


 

Case todos escoitamos algunha vez unha boa historia acariñados polo calor da lareira. Mais moi poucos escoitamos un relato tan atolado e delirante coma o que Fonsiño escoitou unha fría noite de inverno da boca do seu avó. Unha historia real chea de violencia e tolemia, poboada por doutores chiflados, garrulos salvaxes, androides teledirixidos, porcos mecánicos e deidades de peluche.


 

Trinta anos despois da vitoria da Alianza Rebelde sobre a segunda Estrela da Morte, a galaxia está aínda en guerra. Unha nova República constituíuse, pero unha sinistra organización, a Primeira Orde, rexurdiu das cinzas do Imperio Galáctico. Aos heroes de outrora, que loitan agora na Resistencia, súmanse novos heroes.


 

Conta a historia dun pequeno labrego que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha praga de insectos que destrúen a colleita do campo no que vive, e o encontro co Espello Máxico da Media Laranxa, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto aos seus irmáns, Pablo e Pedro.


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16,


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática